Hoxe vivimos unha nova mañá moi especial dentro de VIVE+, chea de aprendizaxe, movemento, creatividade e momentos compartidos. 

A xornada comezou cun interesante obradoiro sobre aplicacións móbiles para a saúde, guiado por Anabel, quen achegou ás persoas participantes ferramentas prácticas para coidar do seu benestar, xestionar citas médicas, estimular a memoria e sacar máis partido ao smartphone no día a día. Unha actividade moi útil, participativa e chea de descubrimentos. 

A excelente acollida e o elevado número de persoas inscritas fixeron necesario desdobrar as actividades das 11:30 h. 

Un dos grupos desfrutou dun fermoso obradoiro de arte floral, da man de Elvira, do Viveiro de Plantas Xardín Bergantiños de Coristanco, quen compartiu coñecementos, técnicas e moito mimo nunha sesión onde as flores e a creatividade foron protagonistas.

Mentres, outro grupo participou na actividade de baile e activación corporal, guiada por Sarai, nunha sesión dinámica orientada a mellorar a mobilidade, coordinación, equilibrio e benestar físico a través do movemento, a música e a diversión. 

Programa subvencionado pola Deputación da Coruña, promovendo o benestar e o envellecemento activo das persoas maiores .