A Biblioteca Municipal de Coristanco converteuse hoxe nun espazo de emoción, ilusión e recoñecemento coa entrega dos premios do XI Certame Artístico-Literario Asunción Antelo
Nunha xornada moi especial para a nosa lingua e cultura, tivemos a oportunidade de poñer en valor a creatividade, o esforzo e o talento das nenas, nenos e mozos e mozas dos centros educativos do noso concello, que volveron sorprendernos coa súa imaxinación, sensibilidade e amor pola creación artística.
Cada relato, cada poema e cada debuxo son unha mostra de que a cultura galega ten futuro e de que a nosa lingua segue viva nas novas xeracións.
Desde o Concello de Coristanco queremos felicitar de corazón ás persoas gañadoras e tamén a todas as participantes, así como agradecer o compromiso dos centros educativos, profesorado e familias por seguir sementando cultura, creatividade e orgullo polas nosas raíces.
Parabéns ás premiadas e premiados! Seguide creando, soñando e enchendo o mundo de historias.