Hoxe procedemos á publicación da resolución de concesión e denegación das axudas á escolarización de menores correspondentes ao curso escolar 2026-2027.
As persoas solicitantes xa poden consultar a resolución na Sede Electrónica municipal.
📌 IMPORTANTE: PRAZO DE XUSTIFICACIÓN
As persoas beneficiarias dispoñen dun prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación oficial da resolución, para presentar a seguinte documentación:
✅ Instancia de aceptación da subvención.
✅ Facturas orixinais que xustifiquen os gastos realizados no material subvencionado.
