O Concello de Coristanco, a través do Programa de Conciliación Municipal Xermolar, organiza unha nova edición do Campamento de Nadal «Un feitizo no bosque», unha proposta pensada para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.
Un espazo no que as nenas e nenos poderán desfrutar de actividades culturais, deportivas, recreativas e educativas, combinando a diversión, a aprendizaxe e a convivencia.
📅 DATAS: 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2026 e 4, 5 e 7 de xaneiro de 2027.
🕘 HORARIO: De 9:00 a 14:00 horas.
📍 LUGAR: Centro Interxeracional da Rocheira.
👧👦 IDADES: De 3 a 16 anos.
🎟️ PRAZAS: 30 prazas dispoñibles.
💶 PREZO: 20 € por participante.
📝 INSCRICIÓNS ATA O 6 DE NOVEMBRO DE 2026
As solicitudes deberán presentarse mediante o modelo oficial, preferentemente a través da Sede Electrónica municipal ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.
📌 IMPORTANTE: Para acceder ao campamento é necesario estar inscrito no Programa Xermolar do curso 2026/2027 e cumprir os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
Deberá presentarse unha solicitude individual por cada nena ou neno.
