O CPI Alcalde Xosé Pichel converteuse hoxe nun punto de encontro cheo de ilusión, convivencia e aprendizaxe coa celebración da II Xornada Intercentros, unha actividade na que participaron os nenos e nenas dos distintos centros educativos do noso concello.
Unha mañá especial na que compartiron experiencias, xogos, risas e momentos inesquecibles, fortalecendo lazos e fomentando valores tan importantes como a amizade, o respecto e o compañeirismo.
Este tipo de encontros naceron como unha oportunidade única para crear comunidade, aprender uns dos outros e seguir construíndo, entre todas e todos, un Coristanco máis unido.
Grazas a todos os centros participantes, ao profesorado e ás persoas que fixeron posible esta xornada tan especial.
