A Piscina Municipal abre as súas portas para a tempada de verán ( do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2026)

🕒Horario:
De luns a domingo, de 15:00 a 20:30 h

👉Por razóns de seguridade e conforme á normativa vixente, o aforo máximo da instalación está fixado en 192 persoas. Este límite é imprescindible para garantir o benestar das persoas usuarias e o correcto funcionamento do servizo

📌Nos días de máis calor pode haber momentos nos que se acade o aforo completo e algunhas persoas teñan que agardar. Pedimos comprensión e colaboración: esta medida existe para protexer a seguridade de todas e todos.

Como acceder?
➡️CARNÉ DE USUARIO/A (Tramitación dispoñible a partir do 15 de xuño de 2026)
As persoas interesadas deberán tramitar o carné de maneira presencial na Biblioteca Municipal, cubrindo o formulario correspondente e abonando previamente a taxa establecida. Unha vez completado o proceso, o carné poderá recollerse tamén na propia Biblioteca, dentro do seu horario habitual.

➡️ENTRADAS DIARIAS
Os pagamentos realizaranse unicamente mediante tarxeta bancaria na entrada da instalación.

Convidamos a toda a veciñanza e visitantes a gozar deste espazo de lecer e benestar durante os meses de verán.

💦A Piscina da Rocheira volve ser punto de encontro, descanso e refresco para todas e todos.

Para máis información: https://sede.coristanco.gal/sxc/export/sites/coristanco/recursos/downloads/Tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260610110023014_ANEXO_1781082023-0.pdf