XERMOLAR. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES | CURSO 2026/2027

O Concello de Coristanco informa de que xa está dispoñible a listaxe provisional de admitidos/as nas actividades extraescolares do Programa Xermolar para o vindeiro curso 2026/2027.
👉As familias interesadas poden consultar a resolución no taboleiro electrónico municipal:
🔗https://sede.coristanco.gal/es/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260622110010326.html
📌Recoméndase revisar a información e ter en conta os prazos establecidos para posibles alegacións ou incidencias.
Seguimos apostando por unha oferta educativa complementaria que favorece a aprendizaxe, a creatividade e a conciliación das familias durante o curso escolar.

IMPORTANTE: O día 7 de xullo remata o prazo de presentación de alegacións, renuncias ou modificacións

XERMOLAR. SERVIZO DE MADRUGADORES | CURSO 2026/2027

O Concello de Coristanco informa de que xa está dispoñible a listaxe provisional de admitidos/as no Servizo de Madrugadores do Programa Xermolar para o vindeiro curso 2026/2027.
👉As familias interesadas poden consultar a resolución no taboleiro electrónico municipal:
🔗https://sede.coristanco.gal/es/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260622103012542.html
📌Recoméndase revisar a información e ter en conta os prazos establecidos para posibles alegacións ou incidencias.
Este servizo continúa sendo unha ferramenta fundamental para facilitar a conciliación familiar e laboral, ofrecendo ás familias un apoio esencial no inicio da xornada escolar.

IMPORTANTE: O día 7 de xullo remata o prazo de presentación de alegacións, renuncias ou modificacións

XERMOLAR. AULA LÚDICA | CURSO 2026/2027

O Concello de Coristanco informa de que xa está dispoñible a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de Aula Lúdica do Programa Xermolar para o vindeiro curso 2026/2027.
👉As familias interesadas poden consultar a resolución no taboleiro electrónico municipal:
🔗https://sede.coristanco.gal/es/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260622110000245.html
📌Recoméndase revisar a información e ter en conta os prazos establecidos para posibles alegacións ou incidencias.
A Aula Lúdica segue a ser un espazo pensado para favorecer a conciliación das familias, ofrecendo ás nenas e nenos un lugar de convivencia, aprendizaxe e lecer nun entorno seguro e adaptado ás súas necesidades.

IMPORTANTE: O día 7 de xullo remata o prazo de presentación de alegacións, renuncias ou modificacións