O vindeiro 12 de agosto viviremos un acontecemento único e para desfrutalo con total seguridade, desde a Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) compártennos esta infografía con recomendacións básicas:

👓Usa só gafas homologadas.
🚗Evita desprazamentes e se tes pensado facelo, planifica a túa viaxe con antelación.
👧Supervisa aos máis pequenos durante a observación.
ℹ️Consulta sempre as canles oficiais para coñecer as últimas actualizacións.
📲Garda esta publicación e compártea para que máis persoas poidan gozar da eclipse con seguridade.