Se queres instalar un posto de venda de comestibles (xeados, garrapiñadas e outros produtos) durante a celebración da XLIV Festa da Pataca, os días 19 e 20 de setembro de 2026, xa podes presentar a túa solicitude.
📅Prazo de presentación: do 3 ao 17 de agosto de 2026 (ambos incluídos).
📍As solicitudes poderán presentarse:
• Persoas físicas: de forma presencial ou telemática.
• Persoas xurídicas: exclusivamente por vía telemática.
⚠️As solicitudes presentadas fóra de prazo non serán admitidas.
Modelo de solicitude :
https://sede.coristanco.gal/sxc/export/sites/coristanco/recursos/downloads/Tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260803083000084_ANEXO_1785738600-1.pdf