
Se es artesán ou artesá e queres formar parte dunha das citas máis destacadas do calendario festivo de Galicia, xa podes solicitar o teu espazo para expoñer e vender os teus produtos durante a XLIV Festa da Pataca, que se celebrará os días 19 e 20 de setembro de 2026.
📅Prazo de presentación de solicitudes: do 3 ao 17 de agosto de 2026 (ambos incluídos).
📍As solicitudes poderán presentarse:
• Persoas físicas: presencialmente ou por vía telemática.
• Persoas xurídicas: exclusivamente por vía telemática.
⚠️A concesión dos espazos realizarase unha vez finalizado o prazo de presentación e, no caso de superar a demanda o espazo dispoñible, seguirase a orde de entrada das solicitudes.
Consulta o anuncio e presenta a túa solicitude na Sede Electrónica ou na páxina web do Concello: