A Biblioteca Muncipal de Coristanco organiza unhas xornadas especiais de verán pensado para reforzar técnicas de estudo, memoria, organización e comprensión dun xeito práctico, creativo e motivador.
Non é “dar máis materia”, senón aprender ferramentas que lles axudarán a estudar mellor, aproveitar o tempo e gañar seguridade nos exames e traballos escolares.
Que van traballar?técnicas eficaces de estudo e memorización
como facer mellores apuntes
organización do tempo de estudo
estratexias para preparar exames
comprensión a través da expresión
memoria visual
pensamento lóxico
Dirixido a rapaces e rapazas de 4º Primaria a 4º ES
Requisitos: empadroados no municipio ou cursando estudos nun centro de Coristanco
Custo total do programa: 20 €
Prazas limitadas — inscrición aberta
