O Concello de Coristanco publica a resolución definitiva das persoas admitidas nos Campamentos Deportivos e Multiaventura de verán 2026.
As familias deberán realizar o ingreso de 20 € por quenda e participante no prazo de 5 días laborais contados desde o día seguinte á publicación da resolución, remitindo posteriormente o xustificante de pagamento a través da Sede Electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro Municipal.
💳Número de conta:
ES20 2080 0071 2331 1000 0013
Consulta aquí as listaxes definitivas e toda a información: https://sede.coristanco.gal/sxc/es/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260521130008171.html
