O Concello de Coristanco publica a listaxe definitiva de persoas admitidas no Campamento de Conciliación de Verán 2026, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación familiar durante os meses de verán.
📌As familias admitidas deberán realizar o ingreso de 20 € por quenda e participante no prazo de 5 días laborais desde o día seguinte á publicación da resolución, remitindo posteriormente o xustificante de pagamento a través da Sede Electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro Municipal.
💳Número de conta:
ES20 2080 0071 2331 1000 0013
Consulta aquí a resolución completa, listaxes e información detallada: https://sede.coristanco.gal/sxc/export/sites/coristanco/recursos/downloads/Tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260521130000311_ANEXO_1779361200-0.pdf
