O Concello de Coristanco organiza unha nova edición do Campamento de Conciliación de Verán 2026, unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo ás nenas e nenos un espazo de lecer educativo, seguro e divertido.
👧👦 Idades: De 3 a 16 anos
📍 Lugar: Área Recreativa da Rocheira (Centro Interxeracional)
🕘 Horario: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
📅 Datas: Do 22 de xuño ao 11 de setembro de 2026 (12 quendas semanais)
👥 Prazas: 50 por quenda
💶 Cota: 20 € por participante e quenda
📝 Prazo de inscrición: Do 13 ao 24 de abril de 2026
📌 Inscricións: A través da Sede Electrónica (www.coristanco.gal) ou no Rexistro Xeral do Concello.
Esta actividade está financiada polo Programa Plan Corresponsables, promovendo a igualdade e a conciliación familiar.
📞 Máis información: 981 73 30 01
—————–
NOTA: Para acceder ao conxunto de propostas (campamentos, madrugadores, aula lúdica, actividades extraescolares… ) será indispensable estar adscrito a este programa municipal.
Para descargar a SOLICITUDE ao programa Xermolar, preme AQUÍ.
Para máis información, preme AQUÍ.