O Concello de Coristanco abre o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán 2026, unha proposta pensada para que as nenas, nenos e mozos desfruten dun verán activo, divertido e cheo de novas experiencias.

👧👦 Dirixido a: Mocidade de 7 a 16 anos
📍 Lugar: Polideportivo Municipal de Coristanco, Área Recreativa da Rocheira e saídas pola contorna
🕙 Horario: De luns a venres, de 10:00 a 13:30 h
💶 Cota: 20 € por participante e campamento
👥 Prazas: 20 por quenda (80 prazas en total)

🏀 Campamento Deportivo

📅 1ª quenda: do 6 ao 10 de xullo
📅 2ª quenda: do 20 ao 24 de xullo

Actividades: tenis, baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e outros deportes, fomentando hábitos saudables, o traballo en equipo e a convivencia.

🌲 Campamento Multiaventura

📅 1ª quenda: do 13 ao 17 de xullo
📅 2ª quenda: do 27 ao 31 de xullo

Actividades na natureza, xogos ao aire libre e experiencias para descubrir e valorar o medio natural.

📝 Prazo de inscrición: Do 13 ao 24 de abril de 2026
📌 Inscricións:
A través da Sede Electrónica: 🌐 www.coristanco.gal
Ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello

FORMULARIO de INSCRICIÓN