O Concello de Coristanco informa da activación dun aviso amarelo por tormentas para hoxe, 25 de maio, que afectará á provincia da Coruña, incluída a nosa zona.
⏰Horario previsto: desde as 14:00 h ata últimas horas da tarde.
⚡Segundo a información oficial da AEMET e Emerxencias Galicia, poderán rexistrarse tormentas fortes, acompañadas de saraiba e rachas moi fortes de vento
👉Recoméndase máxima prudencia, especialmente en desprazamentos e actividades ao aire libre, e seguir a información a través das canles oficiais.
📞Ante calquera emerxencia, chama ao 112.
