Nos vindeiros días solicitárase por parte do departamento de emprego do Concello de Carballo a correspondente Oferta de emprego no Servizo Público de Emprego-Oficiña de Carballo.
Os concellos de Carballo e Coristanco unen de novo forzas para impulsar o emprego local co Obradoiro Lubiáns II, no que poderán participar 20 persoas.
O que debes saber:
Contrato de formación: 9 meses de duración (do 1 de xuño de 2026 ao 28 de febreiro de 2027)
Dúas especialidades:
▶️Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (8 prazas)
▶️Montaxe e instalación de construcións de madeira (12 prazas): traballos reais no Horto Ecolóxico, o mercado de Carballo ou a Praza de Santa Marta en Coristanco.
✅Beneficios: Formación gratuíta, obtención de certificado de profesionalidade e salario mensual.
💼Inserción laboral
O proxecto inclúe 47.000 € en axudas para que as empresas locais contraten ao alumnado ao rematar a formación. Unha ponte directa ao mercado de traballo!
📍Como participar?
Se es veciño/a de Carballo ou Coristanco e estás en desemprego: Inscríbete na Oficina de Emprego (planta baixa do Fórum Carballo).