PRESENTACIÓN LITERARIA CON SILVIA TASENDE

Este evento rematou.

Ven, 29 Maio 2026 | 20:00 - 21:00

Evento rematado

Detalles do Evento

A Biblioteca Municipal de Coristanco convídavos a unha nova cita coa literatura e a emoción da palabra da man da autora Silvia Tasende Cotelo, quen presentará o seu poemario “Pel Memoria”, unha obra finalista do XIII Certame de Poesía López Ardeiro.

Pel Memoria é un poemario intenso e íntimo que transita pola paixón, o amor, o desexo e a memoria emocional, convidándonos a reflexionar sobre aquilo que nos move, nos transforma e nos fai sentir vivos. Unha obra escrita orixinalmente en galego e presentada nunha edición bilingüe, que combina sensibilidade, forza e beleza literaria.

Un encontro para achegarse á poesía desde a proximidade, coñecer de primeira man o proceso creativo da autora e compartir unha tarde de cultura, conversa e emoción.

Acerca do Organizador

Biblioteca Municipal de Coristanco
Horario: L-V de 08.00 a 15.00 e de16.00 a 20.00
Concello de Coristanco Escudo
Información xeral sobre a privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.