O Concello de Coristanco pon en marcha novamente diferentes propostas municipais pensadas para promover un envellecemento activo, saudable e participativo, creando espazos para coidarnos, aprender, manternos activos e compartir.
📅 O luns 14 de setembro abrimos o prazo de inscrición para as actividades desta nova tempada:
🏃♀️ XIMNASIA DE MANTEMENTO POLAS PARROQUIAS
Retomamos os grupos de ximnasia de mantemento, achegando a actividade física ás diferentes parroquias do municipio e adaptándoa ás necesidades das persoas participantes.
🟢 VIVE+
Continuamos cun programa pensado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores a través do exercicio, a memoria, o benestar emocional, os hábitos saudables, a creatividade e a convivencia.
As actividades de VIVE+ desenvolveranse os mércores ao longo da mañá.
📱 MANEXO DO SMARTPHONE
Obradoiros prácticos para aprender a empregar o teléfono móbil con maior seguridade e autonomía: comunicación, aplicacións útiles, recordatorios, xestións do día a día e outras ferramentas que nos poden facer a vida máis doada.
Tres propostas cun mesmo obxectivo: seguir activos, aprender, relacionarnos e coidarnos en todas as etapas da vida.
📌 Apertura de inscricións: luns 14 de setembro
ℹ️ Para inscribirse e ampliar información sobre horarios, grupos, lugares de realización ou inscricións, podedes achegarvos á Biblioteca Municipal de Coristanco ou contactar connosco:
☎️ 981 733 280
Porque cumprir anos tamén significa seguir descubrindo, aprendendo e compartindo.
