Ler, escribir, conversar e compartir. Os martes temos unha cita entre libros.
A Biblioteca Municipal de Coristanco pon en marcha unha nova edición de “Almorzo entre libros”, un club de lectura pensado para gozar dos libros e, ao mesmo tempo, mellorar pouco a pouco a lectura e a escrita nun ambiente próximo, tranquilo e participativo.
Cada martes ás 10:00 h. na Biblioteca Municipal compartiremos lecturas, relatos e pequenas historias que serán tamén o punto de partida para traballar a caligrafía, mellorar a ortografía, resolver dúbidas frecuentes e coñecer normas básicas de escritura dunha maneira práctica e accesible.
Non é necesario ter hábito lector nin escribir perfectamente. Precisamente este club nace para aprender e mellorar xuntos, recuperar cousas que quizá quedaron esquecidas e coller confianza á hora de ler e escribir.
Club de lectura
Caligrafía e escritura
Ortografía e normas básicas
Lectura e comprensión
Vocabulario, conversa e expresión
Café, libros e boa compañía
Prazas limitadas. Necesaria Inscrición previa na Biblioteca Municipal ou no 981 733 280.