O Concello de Coristanco acollerá un curso de introdución á lingua e á cultura galegas, unha formación especialmente pensada para persoas que non teñen coñecementos previos de galego ou que desexan adquirir nocións básicas para desenvolverse con maior facilidade en situacións habituais da vida cotiá.

Ao longo do curso traballaranse, dun xeito práctico, comunicativo e participativo, aspectos básicos da lingua galega: vocabulario, expresións de uso habitual, comprensión oral e escrita, ortografía e recursos para comunicarse en situacións cotiás.

A formación permitirá tamén achegarse á cultura e á historia de Galicia, ás súas festas, tradicións, gastronomía e música, favorecendo o coñecemento da nosa realidade social e cultural.

📅 DATAS

26, 27, 28, 29 e 30 de outubro

2, 3, 4, 5 e 6 de novembro

🕙 HORARIO

De 10.00 a 12.00 horas

⏱️ DURACIÓN

20 horas

DIRIXIDO A: Persoas maiores de 16 anos, especialmente aquelas que se achegan por primeira vez á lingua galega ou queren adquirir coñecementos básicos.

INSCRICIÓNS: Na Biblioteca Municipal de Coristanco.

🎓 As persoas que superen o curso recibirán un diploma expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, acreditativo da participación con aproveitamento na formación.

⚠️ A realización do curso estará condicionada á inscrición dun número mínimo de participantes.

A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco da Rede de Dinamización Lingüística.

Achégate ao galego. Aprende, participa e fala!