VIVE+| SEGUIMOS EN MARCHA!

Este evento rematou.

Mér, 20 Maio 2026 | 10:00 - 12:30

Evento rematado

As próximas semanas chegan cargadas de benestar, aprendizaxe, movemento e momentos para compartir. En Coristanco seguimos apostando por actividades pensadas para coidar corpo, mente e emocións… pero tamén para conversar, crear vínculos e desfrutar xuntos.

IMPORTANTEDESDOBRE DE GRUPOS
Debido á gran demanda e excelente acollida das actividades, e co obxectivo de facilitar a participación do maior número posible de persoas, procedeuse ao desdobramento dos grupos nalgunhas sesións.

10:00 h | O teu móbil pode coidar de ti
Un obradoiro práctico para descubrir ferramentas útiles do smartphone aplicadas á saúde, ao benestar e ao día a día.

11:30 h | Baile e activación corporal / Obradoiro de Arte Floral
As persoas participantes asistirán segundo o grupo asignado.

+Info na Biblioteca Municipal de Coristanco

Programa subvencionado pola Deputación da Coruña, no marco das accións de promoción do benestar e do envellecemento activo das persoas maiores.

Acerca do Organizador

Biblioteca Municipal de Coristanco
Horario: L-V de 08.00 a 15.00 e de16.00 a 20.00