VIVE+ | ¡SEGUIMOS EN MARCHA!

Este evento rematou.

Mér, 27 Maio 2026 | 10:00 - 12:30

Evento rematado

Detalles do Evento

As próximas semanas chegan cargadas de benestar, aprendizaxe, movemento e momentos para compartir. En Coristanco seguimos apostando por actividades pensadas para coidar corpo, mente e emocións… pero tamén para conversar, crear vínculos e desfrutar xuntos

IMPORTANTE DESDOBRE DE GRUPOS
Debido á gran demanda e excelente acollida das actividades, e co obxectivo de facilitar a participación do maior número posible de persoas, procedeuse ao desdobramento dos grupos nalgunhas sesións.

10:00 h | Obradoiro nutricional: “Comer para vivir mellor”
Un encontro para aprender hábitos de alimentación saudables e pequenos cambios que poden mellorar o noso benestar diario.

11:30 h | Obradoiro de Arte Floral / Baile e activación corporal
As persoas participantes asistirán segundo o grupo e día asignado.

+Info na Biblioteca Municipal de Coristanco

Programa subvencionado pola Deputación da Coruña, no marco das accións de promoción do benestar e do envellecemento activo das persoas maiores.

Acerca do Organizador

Biblioteca Municipal de Coristanco
Horario: L-V de 08.00 a 15.00 e de16.00 a 20.00