CAMPAMENTO ESTUDO CREATIVO DE VERÁN

Ven, 31 Xullo 2026 | 09:00 - 13:30

4.5 horas

A Biblioteca Muncipal de Coristanco organiza unhas xornadas especiais de verán pensado para reforzar técnicas de estudo, memoria, organización e comprensión dun xeito práctico, creativo e motivador.

Non é “dar máis materia”, senón aprender ferramentas que lles axudarán a estudar mellor, aproveitar o tempo e gañar seguridade nos exames e traballos escolares.

Que van traballar?
✔técnicas eficaces de estudo e memorización
✔como facer mellores apuntes
✔organización do tempo de estudo
✔estratexias para preparar exames
✔comprensión a través da expresión
✔memoria visual
✔pensamento lóxico

Dirixido a: rapaces e rapazas de 4º Primaria a 4º ESO

📍Requisitos: empadroados no municipio ou cursando estudos nun centro de Coristanco

Custo total do programa: 20 €

📌Prazas limitadas — inscrición aberta

Acerca do Organizador

Biblioteca Municipal de Coristanco
Horario: L-V de 08.00 a 15.00 e de16.00 a 20.00
Concello de Coristanco Escudo
Información xeral sobre a privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.