BAILASÁBADOS

As sesións celebraranse no Local Social de Oca, todos os sábados programados, en horario de 17.30 a 20.30 horas, coa participación de diferentes artistas e formacións musicais.

🎶 PROGRAMACIÓN DE ACTUACIÓNS

OUTUBRO 2026

  • Sábado 3 de outubro | Judith Cundíns
  • Sábado 10 de outubro | Martín Carrión
  • Sábado 17 de outubro | Judith Cundíns
  • Sábado 24 de outubro | Dúo Marineda
  • Sábado 31 de outubro | Blanca Doble

NOVEMBRO 2026

  • Sábado 7 de novembro | Martín Reimúndez
  • Sábado 14 de novembro | Mar Dávila
  • Sábado 21 de novembro | Trío Digital

DECEMBRO 2026

  • Sábado 5 de decembro | Blanca Doble
  • Sábado 12 de decembro | Martín Carrión
  • Sábado 19 de decembro | Nuevo Siglo
  • Sábado 26 de decembro | Judith Cundíns

📍 LUGAR E HORARIO

Lugar: Local Social de Oca (Coristanco).

Horario: De 17.30 a 20.30 horas.

AVISO: O sábado 28 de novembro non haberá sesión de BailaSábados debido á utilización do espazo para a instalación das mesas electorais con motivo das eleccións xerais.

O Concello de Coristanco anima a toda a veciñanza a participar nesta proposta, pensada para fomentar a convivencia, a participación social e o envellecemento activo a través da música e do baile.

Porque bailar é moito máis que moverse ao ritmo da música: é compartir, socializar e gozar de bos momentos en compañía.

Agardámosvos no BailaSábados!

Acerca do Organizador

Concello de Coristanco Escudo
Información xeral sobre a privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.