Hai lugares dos que marchamos, pero que nunca deixan de formar parte de nós.
O vindeiro venres, 27 de novembro, ás 19:00 horas, a Biblioteca Municipal de Coristanco acollerá a presentación do poemario «Ir e vir, polo caminho da vida», de Jaime Rodríguez Carril, natural de Couso.
A través dos seus versos, o autor convídanos a percorrer os camiños da emigración, da soidade e da morriña. Unha viaxe íntima polos sentimentos de quen tivo que aprender a vivir lonxe da súa terra, coa ansia do regreso e coa lembranza permanente de todo aquilo que deixou atrás.
📅 Venres, 27 de novembro de 2026
🕖 19:00 horas
📍 Biblioteca Municipal de Coristanco
