Magosto 2026

Ven, 30 Outubro 2026 | 18:00 - 21:00

3 horas

Detalles do Evento

O outono chega a Coristanco cunha das celebracións máis tradicionais e saborosas do ano!

O vindeiro venres 30 de outubro, convidámosvos a compartir unha tarde de festa, convivencia e diversión no noso Magosto Popular.

📅 Venres, 30 de outubro
🕕 18.00 horas
📍 Polideportivo Municipal de Coristanco

🌰 Castañas asadas, como manda a tradición.
☕ Chocolate quente, para endulzar a tarde.
🎈 Inchables, para que os máis pequenos gocen ao grande.
🎉 E, sobre todo, moita diversión e bo ambiente para toda a familia!

Unha oportunidade perfecta para reunirnos, manter vivas as nosas tradicións e gozar dunha tarde de outono en boa compañía.

Acerca do Organizador

Concello de Coristanco Escudo
Información xeral sobre a privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.