- Avenida Fisterra, 112 - Coristanco (A Coruña)
- Horario: de 08:00 a 15:00
A diversión, a música e o humor chegan a Coristanco da man de Os Bolechas, cun espectáculo pensado para que as nenas e nenos gocen dunha mañá chea de entretemento e aventuras!
«Aquí hai moito ruído!» é unha proposta para compartir en familia, rir, participar e desfrutar dunha experiencia cultural en galego cos personaxes máis queridos da rapazada.
📅 Sábado, 14 de novembro
🕛 12:00 horas
📍 Casa da Cultura de Coristanco
📝 INSCRICIÓNS:
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente:
Na Biblioteca Municipal de Coristanco.
Chamando ao 981 733 280.
💙 Agardámosvos para compartir unha mañá de cultura, diversión e moito, moito ruído!
Esta actividade forma parte do programa FalaRedes, impulsado pola Xunta de Galicia para promover o uso e a dinamización da lingua galega.

Default
Default