- Avenida Fisterra, 112 - Coristanco (A Coruña)
- Horario: de 08:00 a 15:00
A Biblioteca Muncipal de Coristanco organiza unhas xornadas especiais de verán pensado para reforzar técnicas de estudo, memoria, organización e comprensión dun xeito práctico, creativo e motivador.
Non é “dar máis materia”, senón aprender ferramentas que lles axudarán a estudar mellor, aproveitar o tempo e gañar seguridade nos exames e traballos escolares.
Que van traballar?
-técnicas eficaces de estudo e memorización
-como facer mellores apuntes
-organización do tempo de estudo
-estratexias para preparar exames
-comprensión a través da expresión
-memoria visual
-pensamento lóxico
Dirixido a: rapaces e rapazas de 4º Primaria a 4º ESO
Requisitos: empadroados no municipio ou cursando estudos nun centro de Coristanco
Custo total do programa: 20 €
Prazas limitadas — inscrición aberta
Default
Default