Un lugar onde as historias cobran vida

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CORISTANCO

A Biblioteca Municipal de Coristanco é un espazo aberto á aprendizaxe, á lectura, á creatividade e ao encontro. Un punto de referencia cultural pensado para todas as idades, onde descubrir novas historias, acceder á información, estudar, compartir experiencias e participar en actividades culturais e de dinamización lectora. Ademais do servizo de préstamo e consulta, a biblioteca acolle contacontos, obradoiros, clubs de lectura, actividades familiares, formación dixital e propostas culturais que fan deste espazo un lugar vivo e próximo á veciñanza. Porque unha biblioteca é moito máis ca libros: é un espazo para aprender, imaxinar e medrar xuntos.

Horario de uso da biblioteca
  • De luns a venres

Mañás: de 8:00 a 15:00 h
Tardes: de 16:00 a 20:00 h