Asociacións en Coristanco
No Concello de Coristanco hay varias asociacións que ofrecen servizos e actividades para os seus veciños e vecíñas.
A continuación atopa toda a información sobre cada unha delas:

Asociación Española Contra o Cancro de Coristanco
Compromiso, prevención e apoio á saúde da veciñanza
A Asociación Española Contra o Cancro en Coristanco desenvolve un importante labor de acompañamento, sensibilización e promoción da saúde no municipio, converténdose nun referente do compromiso social e do benestar comunitario.
Ao longo do ano, a asociación impulsa diferentes iniciativas solidarias e de concienciación destinadas a fomentar hábitos de vida saudables, apoiar ás persoas afectadas polo cancro e ás súas familias, así como visibilizar a importancia da prevención e da detección temperá.
Entre as actividades promovidas destacan as andainas solidarias, que combinan deporte, convivencia e solidariedade; a tradicional comida anual de confraternidade, un espazo de encontro e apoio mutuo; así como diversas accións de divulgación, sensibilización e prevención, orientadas á promoción da saúde e á información da cidadanía.
Ademais, a asociación participa activamente en nun programa novedoso como o Club da Saúde, desenvolvido na Biblioteca Municipal de Coristanco, un espazo pensado para ofrecer información, formación e ferramentas prácticas relacionadas co benestar físico e emocional, a prevención de enfermidades e a mellora da calidade de vida.
O traballo da Asociación Española Contra o Cancro en Coristanco constitúe un exemplo de implicación social, solidariedade e colaboración co tecido asociativo local, contribuíndo a construír unha comunidade máis informada, saudable e comprometida co coidado das persoas.
- MÁIS INFORMACIÓN: 609 705 100
ASOCIACIÓN GASEOSAS DE GALICIA
- SEDE: Rúa da Charrua 26, San Roque, 15147 Coristanco
- gaseosasdegalicia@gmail.com
- 657068158
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN MIGUEL DE COUSO
- SEDE: Currás de Abaixo, Couso, 15147 Coristanco
- 617956234
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN PAIO
- SEDE: Local Parroquial de San Paio de Coristanco, 15147 Coristanco
- maricarmen.facal.santos@gmail.com
- 609705100
VER ACTIVIDADES
SAÚDE E DEPORTE | A Asociación de Veciños/as da parroquia de San Paio, co obxectivo de fomentar unha mellora na saúde, o benestar e a calidade de vida, oferta a actividade de XIMNASIA TERAPÉUTICA, baseada nunha serie de exercicios guiados e adaptados, a través de suaves movementos e estiramentos que permitirán recuperar a mobilidade natural do corpo e, mediante o traballo da postura, atopar as posicións axeitadas para integralas na vida cotiá.
- Días: Luns e mércores
- Hora: 19.30h-20.30h
- Data de inicio: 4 de novembro de 2024
- Lugar: Pavillón Municipal de Concello de Coristanco
- Pre-Inscrición: a través do teléfono: 609705100
- Cota Curso Completo: 120 euros
A actividade física reduce o risco de padecer: Enfermidades cardiovasculares, tensión arterial alta, cancro de colon e diabetes. Axuda a controlar o sobrepeso, a obesidade e a porcentaxe de graxa corporal. Fortalece os ósos, aumentando a densidade ósea.
Pero quen dixo que tamén pode ser tan divertida!
ASOCIACIÓN CULTURAL FONTESAGRADA DE SANTA BAIA DE CASTRO
- SEDE: Castro, 15147 Coristanco
- mlagegarcia@gmail.com
- 626310028
ASOCIACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E VECIÑAL LOURIDO
- SEDE: Valenza, 15147 Coristanco
- louridovalenza.ac@gmail.com
- 635789680
ANPA CEIP BORMOIO AGUALADA
- SEDE: CEIP BORMOIO, CAMPO DA FEIRA S/N, 15148 CORISTANCO
- anpaceipagualada@gmail.com
- 600253647 / 606992403
CORAL POLIFONICA SANTA CECILIA DE CORISTANCO
- gmansillag10@gmail.com
- 670600792
MAÍS INFORMACIÓN
A coral santa cecilia de coristanco está composta por 30 coralistas divididos en catro cordas mixtas e a sua directora teresa lopez rodriguez desde fai 20 anos.
Fai de tres a catro concertos no ano en coristanco, o dia das letras galegas en maio, o da festa da pataca en setembro e o día do seu aniversario santa cecilia en novembro.
Ademais fai outras tres ou catro saídas a distintos ligares de galcia. Este ano vai a sada, oleiros,muros,ferrol.Camariñas e cesullas.
Tamen fai unha saída fora da comunidade galega e incluso noutro pais como por exemplo neste ano a aveiro(portugal) o 23 e 24 de maio.
Está inscrita no concello de coristanco, na deputación da coruña e en fecoga asociación de corais galegas.
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SANTA MARIA DE TRABA
- SEDE: AVDA DE ERBECEDO - NOVO EDIFICIO ADMINISTRATIVO S/N 3ºANDAR
- gmansillag10@gmail.com
- 670600792
MAÍS INFORMACIÓN
A asociación ten neste ano 315 socios anualmente anda entre os 310 e 320 socios.
- Teñen clase de pilates todo o ano excepto en xuño e xullo de luns a venres en dous horarios cada día.
- Clases de yoga os martes de 17h a 18h, de 18:15h a 19:15h.
- Por medio de AFABER imparte todo o ano, clases de envellecemento autonomo e saudable cun obradoiro de memoria.
- En xuño fai unha xuntanza de socios cunha festa gastronómica, este ano é o día 21 de xuño.
- Fai no ano de tres a catro excursións dun día e a veces unha de dous días, este ano a primeira.
- Eoi ao fuciño do porco e a segunda é o 30 de maio ás rias baixas.
- Este ano imos facer o fin de ano.
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RECECINDE DE SAN XUSTO DE CORISTANCO
- SEDE: Lg Rececinde s/n Local Social de Rececinde
- 981733303











