Continuamos coa programación de actividades con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Nesta ocasión, a exposición «Unha habitación propia», creada polas mulleres do obradoiro «Tecendo recordos, transformando vivencias», será o escenario dun encontro moi especial da man de Catalina Emilia Candocia Recarey.
Un espazo de encontro entre mulleres no que a escoita, o respecto, a expresión libre e o coidado serán os protagonistas. Un tempo para compartir, reflexionar e conectar con nós mesmas e coas demais.
A través desta iniciativa queremos reivindicar a importancia dos coidados, da autonomía persoal e da creación de redes de apoio entre as mulleres da nosa comunidade.
Porque a prevención das violencias machistas pasa tamén por construír relacións saudables e igualitarias, fomentar a cultura do bo trato e aprender a coidarnos, respectarnos e valorarnos.
Esta actividade enmárcase nas accións de sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres promovidas polo Concello de Coristanco ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
