A arte tamén é unha forma de alzar a voz, de expresar sentimentos, de reivindicar e de transformar a sociedade.
No marco da conmemoración do 25N, o Concello de Coristanco convídavos a visitar a exposición «Unha habitación propia», un espazo de sensibilización e reflexión arredor das violencias contra as mulleres a través da creatividade.
A exposición reúne as obras realizadas polas mulleres do obradoiro «Tecendo recordos, transformando vivencias», elaboradas con elementos naturais, así como as cadeiras deseñadas polos centros educativos do municipio para a campaña «Nin unha cadeira máis baleira».


Diferentes xeracións, diferentes formas de expresión e unha mensaxe compartida: construír unha sociedade máis igualitaria, respectuosa e libre de violencias.
Do 25 de novembro ao 4 de decembro de 2026.
De 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Planta baixa da Casa da Cultura de Coristanco.
Convidamos a toda a veciñanza a achegarse, descubrir cada unha das obras e reflexionar sobre as mensaxes que agochan.
Grazas a todas as persoas que, a través da súa creatividade e implicación, fixeron posible esta exposición