O Concello de Coristanco continúa apostando pola música, o baile e a convivencia cunha nova programación do BailaSábados, que se desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2026.
Esta iniciativa ofrece á veciñanza un espazo de encontro e lecer no que gozar da música en directo, compartir momentos de diversión e manter viva a tradición dos bailes sociais.
As sesións celebraranse no Local Social de Oca, todos os sábados programados, en horario de 17.30 a 20.30 horas, coa participación de diferentes artistas e formacións musicais.
🎶 PROGRAMACIÓN DE ACTUACIÓNS
OUTUBRO 2026
- Sábado 3 de outubro | Judith Cundíns
- Sábado 10 de outubro | Martín Carrión
- Sábado 17 de outubro | Judith Cundíns
- Sábado 24 de outubro | Dúo Marineda
- Sábado 31 de outubro | Blanca Doble
NOVEMBRO 2026
- Sábado 7 de novembro | Martín Reimúndez
- Sábado 14 de novembro | Mar Dávila
- Sábado 21 de novembro | Trío Digital
DECEMBRO 2026
- Sábado 5 de decembro | Blanca Doble
- Sábado 12 de decembro | Martín Carrión
- Sábado 19 de decembro | Nuevo Siglo
- Sábado 26 de decembro | Judith Cundíns
📍 LUGAR E HORARIO
Lugar: Local Social de Oca (Coristanco).
Horario: De 17.30 a 20.30 horas.
Organiza: Concello de Coristanco.
AVISO: O sábado 28 de novembro non haberá sesión de BailaSábados debido á utilización do espazo para a instalación das mesas electorais con motivo das eleccións xerais.
O Concello de Coristanco anima a toda a veciñanza a participar nesta proposta, pensada para fomentar a convivencia, a participación social e o envellecemento activo a través da música e do baile.
Porque bailar é moito máis que moverse ao ritmo da música: é compartir, socializar e gozar de bos momentos en compañía.
Agardámosvos no BailaSábados!